As Aventuras de Gale - Concello de Lousame

As Aventuras de Gale é un espectáculo demonicreques con música en vivoe no que aLingua Galega, en forma de Gale, conducirá ás nenas e nenos a través da súa historia, para que lle axuden a repartirese gran tesouro que protexe con tanto con mimo: palabras, expresións, dicires e unha maneira única de ser e de descubrir o mundo.

Unha historia chea de aventuras e desventuras,que nos axudarán a comprender as circunstancias que rodean a Gale no día de hoxe, pero tamén a gran riqueza que supón contar con música, poemas, libros e canta cultura se creou e creará en galego.

Nalgúns momentos Gale estivo moi enfermiña, case apagada, como pode ser nos Séculos Escuros, mentres que noutras etapas reluciu de esplendor.Actualmente non está no seu mellor momento, e por iso mesmo precisa da nosa axuda.

Idades:Dende os 6 anos

Duración:55 min.

 

Ficha Artística

Dirección, actriz e titiriteira: Celtia Figueiras

Acordeón: Vadim Yukhnevich

Guitarra e frauta: Mauricio Caruso

Iluminación: Fernando Martínez de Vega

Texto: Pepe Carreiro, Celtia Figueiras e Séchu Sende

  

 

Para poder acceder , reserva o teu tícket gratuíto enwww.bandoticket .com. É moi sinxelo. Introduce Lousame no buscador e accederás directamente o espectáculo. Terás que indicar Nome , Apelido, un mail de contacto para que che envien o código QR que che servirá como entrada (basta leválo no móvil o propio día 16 para poder entrar). 

Para aquelas persoas que non tedes acceso ou vos pelexades coas novas tecnoloxías , tamén habilitaremos un teléfono: 981285780. Para reservar as entradas, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00H