Asociacións - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Áreas de actuación
Xuventude

Xuventude

COMO CREAR UNHA ASOCIACIÓN


REQUISITOS:

O primeiro paso é inscribir a nosa asociación no Rexistro de Asociacións. Para iso, deberemos levar a cabo os seguintes pasos:

INSCRICIÓN NO REXISTRO DE ASOCIACIÓNS.

Cubrir a Solicitude Normalizada.

Acta Fundacional (dous exemplares coas sinaturas orixinais das persoas asistentes á asamblea da constitución).

Redactar os Estatutos (dous exemplares, asinadas tódalas follas polo menos por tres promotores da asocación). Copia dos DNI dos socios da asociación. Pagar as taxas correspondentes. 

 

Todo esto mándase á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local (sección Rexistro de Asociacións). No prazo aproximado dun mes recíbese o correspondente número de rexistro e énos devolto unha copia dos Estatutos e outra da Acta Fundacional, debidamente selados. Con todo esto, a organización queda inscrita.

 

INSCRICIÓN NA DELEGACIÓN DE FACENDA.

Debemos aportar os seguintes documentos:

 A copia dos Estatutos e a copia da Acta Fundacional que nos devolveu o Rexistro de Asociacións (debidamente selados).

 Levar o modelo 036 debidamente cuberto e asinado.

 

OPCIONAL: Pedir a EXENCIÓN DO IVE. Esto non é obrigatorio. A exención do pago do IVE pídese en base á Lei 37/1992 de 28 de decembro do IVA (artigo 2º). Con esto xa temos un CIF e a Asociación xa pode comezar a súa actividade.

 

Enlaces de Interés:

http://www.xunta.es/conselle/xi/dxipcxogo.htm - Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.