Relevo - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Coñece Lousame

Coñece Lousame

Dentro dos 93 km2 que abrangue o Concello de Lousame, temos un territorio con relevo abrupto e fortes contrastes entre o fondo dos vales con pouco máis de 20 m.s.n.m. e os puntos de maior altitude que están arredor dos 700 m. (Mte. Iroite con 685 m e a Muralla con 674 m.).

Facendo unha clasificación das unidades morfolóxicas de Lousame, pódese distinguir: en primeiro lugar, as terras de maior altitude; imos tomar como terras altas aquélas que superan os 400 m. máis ou menos, xa que a partir desta cota o clima modificase, faise máis fresco, e os núcleos de poboación diminúen e son de menor entidade que os que se ubican ladeira abaixo ou nas terras máis chans.

Éstas atravesan o municipio de NW a SE indo a menos cara o interior da superficie municipal, e voltando a destacar, notablemente, na súa parte máis occidental, onde nos atopámos co inicio da Serra do Barbanza (Iroite 685 m), que forma a Península do mesmo nome, e que separa as Rías de Muros - Noia e a de Arousa.

As elevacións máis importantes son: Iroite con 685 m.s.n.m., A Muralla 674 m., O Pedrido 604 m, Pena de Ferro 529 m., Colou 509 m., Monteagudo 504 m., Coto de Tállara 483 m., Coto da Vista 474m., Camporredondo 441 m., Monte Castelo 359 m. A outra unidade morfolóxica significativa é a conformada polos vales fluviais que foron formados polo encaixamento da rede hidrográfica que encauza as augas verténdoas cara as Rías de Arousa e Noia.

É xustamente nestes vales onde se ubican a maior parte dos núcleos de poboación.

Monte Colou