Economía - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Coñece Lousame

Coñece Lousame

A poboación ocupada por rama de actividade económica, predomina no sector servicios con 371 persoas, séguea a construcción con 332, logo a agricultura con 260, a industria con 182 e, por último, a pesca con 61.

Desglosando a economía municipal por sectores, en Lousame o primario (agricultura, gandeiría e explotación forestal, céntrase nas aldeas ubicadas a maior altitude e, polo tanto máis lonxe da costa e dos principais núcleos económicos. No ano 2002, había un total de 216 explotacións gandeiras de bovino, cun total de 1.766 bóvidos. Destes, 1.028 eran de muxidura, 421 de non muxidura e 317 outros bóvidos.

En canto ó sector secundario, construcción e industria, hai un total de 22 actividades industriais no ano 2002, e 47 de construcción, dando un total de 69.

No que se refire ó sector servicios, é minoritario no concello, pero está en expansión. É nos últimos anos cando se crean os primeiros establecementos turísticos no Concello: a Casa do Xan en Aredeleiros (turismo rural), e o Albergue Turístico Toxosoutos, na Casa Rectoral de Toxosoutos.

O número de actividades comerciais maioristas e minoristas é de 29 no 2002, predominando nas mesmas as alimentarias, que son 11. O nº de licencias de actividades de restauración e bares no mesmo ano, é de 19. A renda familiar bruta dispoñible por habitante, en Lousame no ano 1996, é de 4.110,77 euros