Clima - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Coñece Lousame

Coñece Lousame

Ten características semellantes ás do resto da Galicia de dominio oceánico-húmido, aínda que as temperaturas modifícanse nas altitudes, volvéndose máis frescas. Estas son suaves e con escasa oscilación térmica. Os invernos son temperados e os veráns relativamente frescos sendo a temperatura media anual de 12,5 ºC, a do mes máis cálido 18,5ºC e a do máis frío 7,2ºC.

As precipitacións son moi abundantes e están regularmente repartidas ao longo de todo o ano, chegando a acadar os 2.850 mm anuais.

Un día bretemoso dende Afeosa