A concellaría de medioambiente do concello de Lousame móstrase moi comprometida coa protección e mellora do medio natural, sendo compatible co desenvolvemento económico do noso pobo, así como coa mellora da calidade de vida dos seus veciños e veciñas.
A conservación do entorno natural é cousa de todos. Temos a obriga de facer un esforzo constante para a súa protección, conservación e rexeneración. É moi importante facer unha labor de concienciación e de sensibilazión entre os cidadáns para conseguir un profundo respecto polo medioambiente.
Algunha das iniciativas do noso departamento son:
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ACEITE VEXETAL DOMÉSTICO USADO
Dende o mes de maio de 2008 levamos traballando na campaña de recollida de aceite doméstico usado (xirasol, oliva…). Deste xeito, nos diferentes locais sociais do Concello recónllese nuns bidóns específicos os diversos tipos de aceites.