




Servizo de Atención Temperá
Agrupación de concellos de Noia, Lousame, Outes,
Muros e Porto do Son
As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.
O obxectivo (O.T.9) é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.