Esta arquitectura en Lousame correspóndese á típica do mundo rural, con ausencia de construccións pacegas e señoriais. É nas fachadas principais onde se concentra a riqueza estética e compositiva das vivendas, aparecendo balcóns ou portas ben elaboradas. As plantas manteñen unha traza rectangular en dúas alturas. Na baixa, ás veces están as cortes, conforme o esquema tradicional. Esta distribución, case sempre foi modificada interiormente ó engadirselle diversos corpos para os animais ou para os apeiros do agro, quedando un espacio máis para vivenda na casa. A disposición dos ocos é sinxela e simétrica á porta de entrada, que habitualmente ten continuidade en todo o frente, aínda que no piso primeiro, as fiestras son sustituidas por balcóns. A parte posterior pode abrirse á horta ou ós terreos de cultivo. Os materiais empregados son, fundamentalmente, o granito, abondando máis a cachotería que a cantería, quedando esta para enmarcar os vans. Pode comprobarse como na maioría das construccións o material empregado é o máis abundante no medio. Así, en aldeas como Cruido, Afeosa, Gandarela, Aldeagrande ou Seoane, as casas están feiras con lousa ou xistos que conforman o sustrato sobre o que se asentan estes núcleos.
Construcción importantes: