O grupo de Iniciativa Xove de Lousame, Teatrando Alecrín, representará a obra “Feliz 1990!” este domingo na casa da cultura - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas
Novas Cultura

Novas Cultura

29 de setembro de 2017.- Teatrando Alecrín, agrupación de teatro afeccionado da Iniciativa Xove de Lousame, porá en escena a obra “Feliz 1990!” este domingo 1 de outubro, ás 19:00 horas, no auditorio da casa da cultura de Lousame. A entrada é totalmente libre e de balde ata completar aforo.

A obra rememora a noite do 31 de decembro de 1989 ao 1 de xaneiro de 1990, revivindo a gala televisiva daquela xornada e onde os actores darán as badaladas e comerán as correspondentes uvas nunha simpática comedia que gustará a todos os públicos, tanto os que viviron aquela xornada como para os que aínda non naceran. A representación está organizada polo Concello de Lousame, en colaboración coa Iniciativa Xove e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.