O Concello de Lousame disporá proximamente de caixeiro automático - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

O Executivo local cederá un espazo municipal para a súa instalación

O concello de Lousame terá un caixeiro automático grazas a un convenio coa Xunta de Galicia e a FEGAMP, ao que o Executivo local se adheriu con anterioridade. O programa facilitará que a poboación galega teña acceso a servizos financeiros no seu Concello, de modo que ademais de dispoñer dun caixeiro automático tamén poderán acceder a servizos de asistencia financeira e de formación en banca electrónica.

A iniciativa consiste na instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros nas dependencias municipais –nun espazo que cederá o propio concello- e a prestación dun servizo de asistencia financeira que permita, de xeito semellante a unha oficina bancaria convencional, onde poderán solucionar as dúbidas dos clientes.

Neste momento, a Consellería de Facenda e Administración Pública abriu un período de información pública para dar a coñecer as bases que rexerán as subvencións destinadas a incentivar e fomentar a prestación de servizos bancarios no ámbito rural. A FEGAMP actuará como intermediaria entre a Administración galega e as entidades locais e trasladará a todos os concellos toda a información de xeito periódico.