Día Internacional do Libro Infantil (DILI) 2024 - Concello de Lousame

Día Internacional do Libro Infantil (DILI) 2024

Como todos os anos dende 1967, o IBBY (International Board on Books for Young People) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen; dende a Axencia Municipal de Lectura do Concello de Lousame queremos sumarnos a esta iniciativa.

Cada ano encoméndase a unha sección nacional a elección do tema do día do libro infantil. Esa sección, que no ano 2024 é Xapón,  convida a importantes profesionais da escrita e a ilustración do seu país a escribir unha mensaxe para a infancia do mundo e deseñar un cartaz que a represente. O cartel e a mensaxe, traducida a todas as linguas presentes na organización, difundirase a nivel internacional.

 A ilustradora Nana Furiya foi a encargada de elaborar o cartel deste ano 2024 en colaboración coa escritora Eiko Kadono, autora