Continuando coas actividades que xa iniciamos no mes de xaneiro (Concurso "Un poema na túa voz") para festexar o Día Internacional do Libro Infantil, dende a Concellería de Cultura e a Axencia Municipal de Lectura de Lousame queremos sumarnos a GALIX na difusión do seu manifesto e aproveitamos para animarvos máis que nunca para que utilicedes a lectura para estimular a vosa mente e a creatividade.
Cada semana iremos "colgando" un libro infantil ou xuvenil en formato pdf para os máis cativos da casa.
#LERPARAVOAR