O número total de habitantes é de 3.463 (INE 2015), repartidos nos 83 núcleos de poboación. O tipo de habitat é rural disperso, composto por aldeas, a maior parte das cales se ubica nas partes máis baixas dos vales de Lousame, que á súa vez son as máis poboadas. Nas parroquias con máis territorio por riba dos 300 - 400 m., as aldeas son máis pequenas, menos poboadas e máis dispersas. Esto pode comprobarse no gráfico da distribución da poboación por parroquias. Na gráfica da evolución da poboación de Lousame dende o S. XIX, pode apreciarse como se parte dos 4.977 hab. no ano 1887, incrementándose notablemente a poboación ata os anos 50 do S. XX chegando a acadalos 6.555 hab., data que coincide ca época de maior apoxeo na explotación das Minas de San Finx. Tamén dende mediados do S. XIX estaban en funcionamento varias fábricas de papel nas beiras dos ríos Vilacoba e San Xusto, chegando a acadar certa relevancia en Lousame éste tipo de industria, probablemente pola abundancia de auga e madeira. Dende os anos 50, a poboación vai diminuíndo progresivamente ata a actualidade, sempre por causa da emigración, primeiro a outros países de Europa e en épocas máis cercanas, a outros lugares de Galicia e de España.