A Escola de Música de Lousame levase a cabo dende fai un tempo en dous locais diferentes dependendo da materia da que se trate. Un deles, o edificio mostrado nesta páxina, está situado na pranta alta da escola do Sanguiñal e o outro está situado na pranta baixa da Casa da Cultura de Portobravo.
As materias impartidas na Escola son as seguintes:
Música e movemento (para nenos de 4 a 7 anos)
Linguaxe musical (para nenos a partir de 8 anos)
Aprendizaxe dun instrumento:
- Frauta
- Oboe
- Clarinete
- Saxofón (alto, tenor ou barítono)
- Fagot
- Trompeta
- Trompa
- Trombón
- Tuba
- Percusión