Axencia de Lectura - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Áreas de actuación
Cultura

Cultura

A Axencia de Lectura de Lousame atopase na primeira planta da Casa da Cultura.

 

-Enderezo: Casa da Cultura de Lousame. Portobravo s/n. 15214 Lousame.

-Teléfono: 981 825 780

-Correo Electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

-Horario de Inverno: Mañáns:09.00-14.00 horas.

-Horario de Verán: Mañáns: 08:30-14.00 horas

-Postos de lectura:

  • 12 para adultos.
  • 5 para nenos.

-Servicios:

  • Actividades Culturais.
  • Información Bibliográfica.
  • Sección Infantil e Xuvenil.
  • Sección Local.
  • Préstamo a domicilio.
  • Lectura en sá.
  • Lector de Cd-rom.
  • Conexión a Internet, a través do programa "Internet nas bibliotecas". Dito programa está dirixido ás bibliotecas públicas, a través das Comunidades Autónomas e ten por obxectivo levar a banda ancha e o uso das novas tecnoloxías ás bibliotecas públicas.

-Os ordenadores xestionados:

  • PC (APD ALDA 865gv): son pcs instalados na Biblioteca Municipal desde os cales se poden realizar tarefas ofimáticas e acceso a Internet
  • Ordenadores de invitado: é un portátil propiedade do usuario que pode levar á biblioteca para conectarse á Internet a través da rede inalámbrica. Calquera usuario pode utilizar o se u propio ordenador portátil. Basta con que o ordenador teña a súa propia conexión WIFI e o usuario o manteña no radio de cobertura do Punto de Acceso da Biblioteca. O usuario deberá seleccionar a rede inalámbrica de nome "biblio_galicia_int", e conectarase directamente á Rede de Área Local da Biblioteca. Ademais, para poder navegar deberá estar rexistrado como usuario do sistema Internet nas Bibliotecas, o cal pode facer na propia Biblioteca de Lousame.
  • Impresora de inxección de tinta
  • Escáner
  • Ligazóns de interese:
  • http://www.red.es
  • http://internetenlasbibliotecas.red.es/

 -Fondos: Libros. Materiais específicos: DVD, Cd-Rom e Vídeo.