Campaña de compostaxe doméstica do concello de Lousame - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

O concello de Lousame, xunto coa mancomunidade do Barbanza está a participar nunha campaña de sensibilización e formación ambiental para lograr reducir a cantidade de residuos que xeramos no noso concello e mellorar a revalorización dos producidos. 
 
Deste xeito, e co obxectivo de fomentar a reciclaxe dos residuos orgánicos que xeramos nos nosos fogares, animámosvos a participar na campaña de compostaxe doméstica que estamos a publicitar. 
 
Poñeremos a túa dispoción un composteiro e todos os materiais que precises de que cara a que poidas xestionar na túa casa os residuos orgánicos que xeras e poidas obter un fertilizante natural e de calidade que poderás empregar nas macetas ou na horta do túa casa. 
 
Anímate a participar e acércate o vindeiro martes 17 de decembro ás 11:30 h na Casa da Cultura de Lousame.
 
Impartiremos unha xornada formativa para que dispoñades dos coñecementos precisos para desenvolver correctamente o proceso nas vosas vivendas. Ademáis, esta campaña proseguirá os vindeiros meses a través de varias visitas aos vosos fogares de técnicos especializados en compostaxe, que vos axudarán a deterctar e corrixir erros e lograr unha correcta xestión do proceso.
 
Contamos convosco! 
 
Facede a vosa inscripción chamando ao número de tlf. 981 82 04 94
Attachments:
Download this file (COMPOSTAXE_2019.pdf)Máis información