Comezan en Lousame as “Leisure activities in english” con máis de trinta nenos e nenas - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

18 de agosto de 2026.- Algo máis de trinta nenas e nenos, de entre os 6 e os 12 anos de idade, participan esta semana no programa “Leisure activities in english”, unha iniciativa gratuíta do Concello de Lousame que combina a conciliación coa aprendizaxe e práctica do inglés.

Así o puido comprobar onte Silvia Agrafojo, alcaldesa en funcións de Lousame, que visitou á rapazada no primeiro día de actividades, impartidas en inglés por Coco Golte e Alice Guyot, que o pasado mes de xullo chegaron a Lousame a través do programa de voluntariado do Corpo Europeo de Solidariedade. Un labor no que contan coa colaboración do voluntariado xuvenil local.

Unhas sesións que terán lugar no local social do Sanguiñal (Tállara) ata o vindeiro 21 de agosto, en horario de 10:30 a 13:30 horas. O programa inclúe diversas actividades como manualidades, pintura, karaoke, música, xogos, conversacións... todo en lingua inglesa para que os nenos e nenas de Lousame sigan practicando o inglés durante o verán.