Concurso “Abrígate baixo o paraugas do bo trato” - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

26 de novembro de 2025.- O Concello de Lousame, en colaboración co CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, pon en marcha a campaña de sensibilización “Abrígate baixo o paraugas do bo trato”, financiada con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e o Ministerio de Igualdade.  

Ata o vindeiro 7 de decembro, todas as persoas que desexen participar poderán facelo de dous xeitos:

  • Compartindo en redes sociais a publicación que o Concello de Lousame faga da campaña “Abrígate baixo o paraugas do bo trato”, publicada o 26 de novembro, co cancelo #abrigatenobotrato
  • E/ou compartindo unha fotografía cun paraugas, co hashtag #abrigatenobotrato e etiquetando ao Concello de Lousame na rede correspondente: Facebook (concello.delousame), Instagram (@somosLousame) ou X (@SomosLousame).

En caso de non dispoñer de Redes Sociais, o Departamento de Igualdade de Lousame dá tamén a opción de enviar a frase por WhatsApp ao 689 126 385, indicando o nome e apelidos de quen a envía ou ao grupo ao que representa.

O concurso está aberto a toda a veciñanza e pódese participar de xeito individual ou grupal (aulas, entidades, asociacións...). O prazo para enviar frases remata o 7 de decembro. Ao finalizar a campaña sortearanse os seguintes premios:

  • 1 vale por unha cea para catro persoas nun restaurante de Lousame entre as persoas que participaran de xeito individual compartindo a súa foto co paraugas
  • 2 vales de 50€ para gastar nas farmacias de Lousame entre os grupos que participaron compartindo a súa foto co paraugas.
  • 2 vales de 50€ para gastar nunha ferretería de Lousame, entre que participe so compartindo a campaña.
  • 50 paraugas rotulados co lema da campaña entre todas as persoas/grupos que participaran na iniciativa en xeral