O mago Antón ofrece un espectáculo de maxia dirixido a público infantil e familiar que busca poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados coa finalidade de facer que os espectadores e espectadoras lembren a importancia que ten a palabra en galego.
Cada sesión de Mil maxias máis desenvolverase a bordo do Magomóbil, un vehículo deseñado expresamente para esta exhibición de ilusionismo e lingua.
