A Xunta e o Concello de Lousame reforzan a súa colaboración a prol do rural - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse este luns coa alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde. No encontro avaliáronse diferentes vías de colaboración en materia forestal, de desenvolvemento rural e de loita contra os incendios.

Así, avanzouse no deseño e programación de diversas medidas conxuntas relacionadas coa prevención do lume, a mellora da xestión da biomasa nas faixas próximas ás vivendas e tamén coa xestión forestal activa.