14 de decembro de 2024. Un total de 130 persoas desafiaron esta mañá ás baixas temperaturas e participaron na na Andaina Solidaria / Belén de Cumes, que cada ano organiza o Concello de Lousame. Unha iniciativa solidaria que este ano presentaba dúas novidades: un novo itinerario e que a causa solidaria pasaron a ser as persoas damnificadas pola dina de Valencia. Neste sentido, a 6 euros por inscrición e cos menores de 10 anos de balde, a andaina recadou preto de 800 euros.
A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, agradeceu a gran participación rexistrada: “somos 130 valentes que estamos nesta andaina e o importante é destacar que todo o recadado vai as persoas damnificadas pola dina de Valencia. Dende o Concello de Lousame queremos así achegar o noso gran de area para axudar no posible”. Así mesmo, agradeceu a colaboración da Cruz Vermella de Noia, Protección Civil de Lousame, Autos Comparado e, especialmente, da rede de voluntariado de Lousame.
Un agradecemento ao que se uniu a concelleira de Deportes, Mariel Agrafojo, quen aproveitou tamén para animar á veciñanza “a que se animen a participar no Pequetrail do vindeiro sábado e no Trail de Lousame do próximo 29 de decembro, dúas citas deportivas para desfrutar do deporte na mellor contorna natural que nos ofrece este concello de Lousame”.
As 130 persoas concentráronse na praza do concello a partir das 9:30 horas, onde recibiron o seu dorsal e unha braga para o cuello, que veu moi ben tendo en conta que a saída da praza Teodomiro Hidalgo tivo lugar a 0 grados. Dous autobuses de Autos Comparado desprazaron aos camiñantes ata o monte Iroite, a onde chegaron cunha temperatura máis soportable e próxima xa ao 10 grados.
Dende aló, guiados polo técnico municipal de Deportes, Germán Romero, e coa colaboración de Cruz Vermella Noia, persoal municipal e integrantes da rede de voluntariado de Lousame, iniciaron un descenso de 8 quilómetros ata a capela da Nosa Señora da Gorgosa (Camboño) desfrutando dunhas fermosas vistas panorámicas da ría. Unha vez en Camboño, montaron o Belén de Cumes e repuxeron forzas cun chocolate con churros de Churrería Rafa acompañados dunhas panxoliñas de Chiña