Os alumnos e alumnas do programa Lousame Concilia de Verán celebraron esta mañá unha gran festa de fin de curso con música, lambonadas e obradoiros de maquillaxe. Unha iniciativa lúdica coa que puxeron o punto e final a este programa de conciliación estival do Concello de Lousame, que contou coa participación de 40 nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, e que tivo lugar nas instalacións do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro durante as mañás dos meses de xullo e agosto.
Lousame Concilia de Verán foi organizado pola Concellería de Igualdade de Lousame e contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.