Casa da Cultura - Espectáculo a cargo de Malasombra Produccións - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

 

Ás 19:00 h.
Casa da Cultura

Espectáculo a cargo de Malasombra Produccións

 

Conferencia fúnebre-cómico-teatral.

Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cento por cento da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte.

 Ao longo da conferencia, os dous profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co asunto principal.

A vida. Vivir é bonito ou está sobrevalorado?

A inmortalidade. Como sería o mundo se fósemos inmortais?

Os sinais. Chega a morte sen avisar ou hai pistas que a anuncian?

Maneiras de morrer. Morremos sempre de súpeto?

O suicidio creativo. Goza do teu último momento

O asasinato. Son os genocidas heroes ecolóxicos incomprendidos?

A pena de morte. Análise das formas de execución e posibles melloras.

O enterro (ou como desfacerse do cadáver).

A vida despois da morte. O túnel, a luz e a axencia de colocación de defuntos.

O final. Sairemos vivos desta conferencia? Ou corremos o perigo de morrer de risa?