Un total de 34 veciñas de Lousame desafiaron a choiva e o vento para tomar parte da “Camiñata pola igualdade”, organizada polo Concello de Lousame para conmemorar o Día da Muller. Guiadas polo técnico de Deportes e acompañadas polo tenente de alcaldesa, Ramón Martínez, este grupo de mulleres percorreu oito quilómetros dunha ruta de sendeirismo a carón do río Pesqueira.
A andaina partiu da casa consistorial lousamiá onte domingo 13 de marzo, ás 10:30 horas, para chegar ao mesmo punto dúas horas e media despois. Todas as participantes levaron de agasallo unha camiseta morada coa lenda “Lousame camiña pola igualdade”.