A Deputación da Coruña publica no BOP do 19 de setembro, as bases da nova liña de axudas PEL para persoas autónomas con máis de cinco anos na actividade e residencia fiscal en municipios coruñeses de menos de 10.000 habitantes.
As axudas están deseñadas para cubrir parte das cotas das persoas autónomas que non dispoñan de bonificacións ou reducións nos pagos da Seguridade Social, que poderán solicitar un apoio mínimo de 1.200,00 € (correspondentes a seis meses de cotas) e un máximo 2.400,00 € (correspondentes a toda a anualidade 2024).
A Convocatoria de solicitude publicouse no BOP do 26 de setembro e o prazo de solicitude remata o 25 de outubro ás 14:00 horas.