AO SON DA NOVA REGUEIFA - Concello de Lousame
O documental "Ao son da nova regueifa" está dirixido por Manolo Maseda e Saúl Rivas, unha peza que afonda na tradición da regueifa e na súa evolución contemporánea a través dun percorrido polo territorio e polas persoas que a manteñen viva. Con unha duración aproximada dunha hora, o documental constrúe un relato coral que combina música , testemuñas e improvisación oral, ofrecendo unha mirada actual sobre unha das expresións máis singulares  da nosa cultura, entendida como unha práctica viva, en constante transformación e con gran capacidade de conexión co público.
 
Venres 30,
Ás 20:00 h. 
Casa da Cultura
 
 Inscricións: www.bandoticket.com
Casa da Cultura; teléfono 981825780
Empadroados ata o venres 30
Fóra do concello a partir mércores 28