O Concello de Lousame ten asinado un Convenio coa Consellería do Medio Rural para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Feader no marco do PEPAC 2023-2027 - Concello de Lousame

A través deste Convenio na parte de traballos mecanizados o Concello de Lousame levou a cabo tratamentos preventivos mecanizados mediante tractor con desbrozadora en diferentes vías, camiños e superficies forestais polas sete parroquias do concello.

Os traballos realizados consistiron na prevención para diminuír o risco de propagación e minorar os danos dos incendios.

O inicio dos traballos mecanizados foi o 1 de maio de 2026 e o remate o 30 de setembro de 2026, e nese período as hectáreas desbrozadas polas diferentes parroquias do concello ascenden a 60 hectáreas, e os traballos foron realizados con medios propios, recibindo o Concello unha axuda máxima de 350,00€/ha.