Xa están dispoñibles en Bandoticket as entradas para o Festival (domingo 4) e a Recepción dos Reis Magos (luns 5 de xaneiro):
Festival (domingo 4 de xaneiro)
De 17:00 a 20:00 horas, gran festa de Reis no polideportivo municipal da Silva con xogos, obradoiros, inchables, lambonadas, animación musical e actuacións especiais para toda a familia (coa entrada, para as persoas adultas estará dispoñible o servizo de churrería de pago).
E lembra que para acceder ao polideportivo haberá circuíto de entrada e saída: subindo pola Fonte do Redullo e saíndo polo colexio.
E podes aparcarr na subida do Redullo (á dereita), no parking de entrada do CPI Cernadas de Castro ou no campo vello de Cruído.
Prazo de inscrición para empadroados en Lousame: do 10 de decembro ao 4 de xaneiro
Prazo de inscrición para outros concellos: do 25 de decembro ao 4 de xaneiro
Inscricións: https://bandoticket.com/events/domingo-4-de-xaneiro
Recepción dos Reis Magos (luns 5 de xaneiro)
De 10:30 a 14:00 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos e nenas na Casa da Cultura de Lousame.
Prazo de inscrición para empadroados en Lousame: do 10 de decembro ao 5 de xaneiro
Prazo de inscrición para outros concellos: do 25 de decembro ao 5 de xaneiro
Inscricións: http://www.bandoticket.com