O Concello de Lousame vén de abrir as inscricións no Pequetrail, unha proba gratuíta que terá lugar na tarde do sábado 3 de decembro e que vai dirixida a corredores e corredoras nadas entre os anos 2005 e 2017. As persoas que desexen participar xa poden anotarse na web Emesports.es
A inscrición é totalmente de balde, cun límite de cen participantes. A proba desenvolverase na contorna do polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra sobre unhas distancias e cun percorrido adaptado ás idades dos nenos e nenas participantes. Os primeiros en saír serán os cadetes e xuvenís (atletas nados entre os anos 2005 e 2008) que percorrerán uns 7 km. Os alevíns e infantís (nados entre 2009 e 2012) cubrirán unha distancia de 2 km; mentres cos Benxamíns (de 2013 a 2017) afrontarán uns 500 metros.
O Concello de Lousame entregará medallas a todos os participantes, así como agasallos sorpresa ao rematar cada unha das probas.
Máis información e inscricións: https://eventos.emesports.es/inscripcion/pequetrail-de-lousame-2022/inscripcion_datos/