Libros para soñar - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Cultura
Novas
Novas Cultura

Novas Cultura


Máis que nunca, nun momento tan complicado e cambiante, podemos usar o poder da lectura para combater o illamento, estreitar os vínculos entre as persoas, e abrir novos horizontes, á vez que estimulamos o noso maxín.

Durante o mes de abril e durante todo o ano, é fundamental facer tempo para ler cos nenos. É un motivo para celebrar a importancia da lectura, fomentar o seu crecemento coma lectores e promover o amor pola literatura.

A través da lectura podemos viaxar,  non hai restricións de mobilidade.  Compartindo coñecementos, lecturas e libros facemos comunidade e podemos voar e conectar a lectores de todo el mundo axudando a paliar a soidade.

"Libros para soñar" nace coma unha proposta para os máis cativos, na que poden participar os pais, avós..., evocando unha imaxe de lectura en  familia.