O Concello de Outes publica a resolución da aprobación das bases de selección do alumnado-traballador e equipo directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego OUTES-NOIA-LOUSAME 2020.
A persoa interesada en participar como alumna neste obradoiro debe:
- Ser maior de 18 anos
- Estar inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).
- Ter solicitado no SPEG o obradoiro de emprego.
Ademais, debe cumplir algún dos seguintes requisitos de acceso:
- Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
- Certificado de profesionalidade de nivel 2.
- Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional (Agraria).
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben ter superadas as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
- Ter superado as competencias clave.
As persoas interesadas en formar parte do equipo directivo, docente ou de apoio do obradoiro de emprego tamén terán que figurar inscritas no SPEG e ter solicitada a correspondente ocupación.
A solicitude de persoas candidatas a oficina de emprego realizarase o próximo luns 30 de novembro.
Unha vez recibida a listaxe de solicitantes contactarase coas persoas candidatas para informalas da documentación que deben presentar e o día e hora da selección.
Para máis información ou ante calquera dúbida, pode contactar coa orientadora laboral no teléfono 981 850 003 ou no enderezo de correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.