Triqueta ofrécenos tres albums ilustrados publicados en 2020 en formato epub e audioconto. Como todos os seus produtos, estes títulos teñen o propósito de abrir camiño, facer navegar a imaxinación, achegar o lector á diversidade, educar para a paz e sensibilizar sobre o coidado do noso planeta. Son mensaxes con valores que non entenden de fronteiras.
Un fermoso ovo branco, de Paula Carballeira e Miguel Cerro
Unha historia sobre como volve nacer a alegría. Sobre como a vida sempre se abre paso ante as adversidades na peor das situacións, igual ca a galiña protagonista: correndo, berrando, cantando... E todo por unha galiña, que ata nos peores tempos nos regala “un fermoso ovo branco”.
Roger e o misterio das manchas, de J. Carlos Román e David Lorenzo
Esta noite houbo un gran balbordo na granxa. Mentres todos durmían, alguén e... rouboulle as manchas á vaca! Un caso para Roger, o rato, o detective máis audaz, ao que ninguén conseguíu xamais enganar.
Roger e o misterio do papagaio, de J. Carlos Román e David Lorenzo
Nun recóndito recuncho da selva, todos os animais espertan sobresaltados ao escoitar uns estraños xemidos... Ao papagaio Roxelio roubáronlle a voz! Roger O Rato, o detective máis intrépido e afouto, prepárase para resolver un novo caso.
Máis información: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/recursos/_/contido_518/audiolibros-triqueta-editora