CONCERTO PAKOLAS - Concello de Lousame
Concerto Pakolas; A Ramona pequena vai a Lúa
Sábado 14 de Febreiro
Ás 18:00h
Polideportivo da Silva
 

Neste concerto cheo de humor ,  aprenderemos, cantaremos e gozaremos con Pakolas  a ritmo roqueiro coas súas pezas máis molonas. Guiaranos coa súa forza interpretativa  por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e a participación cos nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.