Como socio de GALIX o Concello de Lousame a través da súa Axencia de Lectura de Lousame participa na difusión da campaña de promoción da lectura infantil do 2 de abril.
Dende 1967 o YBBY, OEPLI e GALIX celebran o 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil para conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Cada ano, é un país o que patrocina o día, en 2025 ten ese privilexio a sección holandesa a través do texto de Rian Visser e a ilustración de Janneke Ipenburg.
Os meses de abril e maio, a Axencia Municipal de Lectura de Lousame organizará diversas actividades de Promoción da Lectura en colaboración coa Consellería de Cultura e o programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO 2025.