O programa Xuntos polo Nadal é unha inciativa da Xunta de Galicia para que as persoas maiores de 60 anos que estean soas poidan pasar o nadal acompañadas.
É gratuito para que desfruten de 15 días de réxime de pensión completa e dunha ampla oferta de actividades nunha das dúas residencias de tempo libre da Xunta:
-
A residencia de tempo libre de Panzón (Nigrán) para solicitantes procedentes das provincias de Lugo e Pontevedra.
-
A residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense) para os solicitantes procedentes das provincias da Coruña e Ourense.
Anotarse antes do 25 de novembro.
Máis información nos Servizos Sociais do Concello.