O Concello de Lousame publica as bases da campaña “Quérenme ben”, que organiza en colaboración co CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. Trátase dunha iniciativa dirixida a sensibilizar á poboación xeral sobre a importancia da prevención da violencia de xénero a través do bo trato e o respecto entre iguais. O proxecto conta con financiación con cargo aos créditos recibidos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e do Ministerio de Igualdade.