Igrexa Parroquial de San Xusto de Toxosoutos - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Turismo
Patrimonio
Arquitectura Relixiosa
Patrimonio
Arquitectura Relixiosa

Arquitectura Relixiosa

A igrexa actual, tan só é parte do espléndido conxunto que formou no seu día o mosteiro fundado no 1132. Debido ás posteriores remodelacións, este é de estilo barroco.

Presenta planta dunha soa nave dividida en dous treito por un arco faixón de medio punto, onde apoia unha bóveda de canón. No primeiro treito hai un coro, de construcción recente e varanda de madeira de teca, e no segundo senllas arcadas nos dous muros.

O presbiterio, lixeiramente máis estreito e de menor altura, cóbrese tamén con bóveda de canón e ten engadida na parte posterior a sancristía, a cal non presenta distinción volumétrica ó exterior.

A fachada principal, dun trazado peculiar, non é a orixinal. Presenta unha torre-campanario moi esvelta e de belo trazado dándolle prestancia ó conxunto. Está formada por tres corpos superpostos: no primeiro aparecen lixeiras molduras nos pasamentos; o intermedio corresponde ó campanario propiamente dito; e o terceiro consta duns pináculos e unha cupuliña sobre un esvelto tambor octogonal.