O Lousame Concilia chega á última quenda de agosto con manualidades, chapas, cine, cociña e xogos de auga - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas
Novas Xuventude

Novas Xuventude

26 de agosto de 2020.- O programa de conciliación familiar “Lousame Concilia” chega ao final da súa edición cunha axenda chea de actividades. As manualidades centraron parte das propostas de lecer preparadas para a vintena de nenas e nenos de entre 3 e 12 anos que participan nesta iniciativa promovida polo Concello.

Así, as crianzas deron renda solta á súa creatividade a través dos obradoiros de manualidades, nos que fixeron gardamáscaras personalizadas, crearon obxectos con cintas de cores e elaboraron os seus propios xogos, sempre empregando material de reciclaxe. Unhas actividades que se complementaron con sesións de cine e merendas divertidas.

Especialmente divertida resultou a xornada na que se ofreceron xogos de auga. Unha proposta do máis axeitada para combater a calor propia deste mes de agosto. Tamén fixeron zumba, carreiras de avión de papel, maxia, circuitos e, incluso, experimentos.

Finalmente, o patio cuberto do CPI Cernadas de Castro converteuse nunha cociña apta para practicar repostaría. Neste caso, as crianzas aprenderon a cociñar una deliciosos crepés de chocolate e plátano. Os nenos e nenas mantuvieron distancias e levaron a súa máscara durante o desenvolvemento de todas estas actividades.

“Lousame Concilia Verán” está organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Lousame, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.