Rede Cultural 2020 - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas
Novas Cultura

Novas Cultura

Coa Rede Cultural conectamos o ámbito municipal cos creadores e creadoras e axudamos á existencia dunha boa oferta cultural en todos os concellos, a través do apoio ao financiamento e desenvolvemento de catro programas específicos:

ESCENA AO VIVO. Programación profesional de teatro, monicreques e danza para concellos.

VISIÓNS. Programación profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos

ALICERCE. Programación de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades.

LINGUA AO VIVO! Programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega.

Os prazos desta convocatoria serán os seguintes:

  • Primeira fase: inscrición de espectáculos
    • Inicio: o día seguinte ao de publicación desta convocatoria no BOP
    • Fin: 31de xaneiro de 2020, as 14:00 h.
  • Segunda fase: solicitude de espectáculos
    • Inicio: 10 de marzo de 2020, ás 00.00 h.
    • Fin: 26 de marzo de 2020, as 14:00 h.
  • Terceira fase: resolución
    • A resolución de adxudicación dos espectáculos realizarase antes do 30 de abril de 2020
  • Cuarta fase: xustificación
    • Inicio: o día seguinte ao da sinatura dos convenios
    • Fin: 15 de febreiro de 2021
Attachments:
Download this file (BOP-Bases_REDE_CULTURAL_2020.pdf)Máis información