Máis de trinta e cinco concellos participan na campaña provincial “Liberdade de Ser e Sentir!” - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

Con motivo do 28 deCon motivo do 28 dexuño “día da diversidade sexual”, desde a áreade Benestar Social, Educación e Políticas deIgualdade da Deputación da Coruña impúlsase a campaña Liberdade de ser esentir!, para sensibilizar sobre a importanciada tolerancia e a igualdade das persoas sin dependentemente da súa orientaciónsexual e identidade de xénero.

A Campaña comezará desde hoxe e circulará polas redes co cancelo #seresentir apostando, segundo a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, por “unha campaña queestará presente en 39 concellos da provincia e coa que buscamos a complicidade, a colaboración eo aproveitamento da mesma por parte dos distintos concellos para chegar a canta máis poboación mellor”.

A imaxe escollida para esta edición está baseada nunha estética graffiti como elemento reivindicativo por excelencia, sinónimo de liberdade e libre pensamento, conceptos moivinculados coa Campaña. O lema “liberdade de ser e sentir!” quere ser un berro para reivindicar o dereito á liberdade sexual e á tolerancia das persoas.

Este ano formarán parte da mesma un total 39 concellos da provincia da Coruña: AMES,ARTEIXO, ARZÚA, A POBRA DO CARAMIÑAL, AS SOMOZAS, BERGONDO, BETANZOS, CAMBRE,CARBALLO, CARIÑO, CEDEIRA, CERCEDA, CERDIDO, COIRÓS, CORCUBIÓN, CULLEREDO, FENE, FISTERRA, LAXE, LOUSAME, MOECHE, NARÓN, NOIA, OUTES, OZA-CESURAS, PADERNE,PONTEDEUME, PORTO DO SON, RIANXO, ROIS, SAN SADURNIÑO, SOBRADO, TEO, TOQUES,TORDOIA, TRAZO, VAL DO DUBRA, VILARMAIOR e VIMIANZO.

Contémplanse dentro da campaña a posta en marcha de accións dirixidas a xerar na sociedade, especialmente na mocidade, valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais, co fin de naturalizar e sensibilizar á sociedade sobreas diversidades sexuais e visibilizar á comunidade LGTBQI+. Tal e como mencionou Goretti Sanmartín “insistindo con esta campaña sobre os dereitos conquistados ao longo de décadas detraballo, dereitos que poden perderse moi rapidamente, polo que precisamos estar todos os días na rúa, e amparando desde as institucións a permanencia de dereitos básicos e dos principios deliberdade”.

No marco desta campaña, os días 26 e 27 de xuño desenvolveranse diferentes actividades na cidade da Coruña. Por unha banda, 2 performances a cargo do colectivo Somos Lag. A primeiradelas realizarase ás 18.00 horas fronte ao antigo Cine París e a segunda será as 19:00 horas nos xardíns existentes fronte a Autoridade Portuaria. Por outra banda, o 27 de xuño ás 20:00 horas haberá un concerto do grupo The Tetas’ Van no Hall do Teatro Colón.

Na presentación aproveitouse para dar a coñecer a web seresentir.gal e o spot promocional da campaña que transmite, a través do skate, liberdade e libre pensamento, conceptos vinculadoscon este deporte que perseguen sensibilizar e reflexionar sobre as diversidades sexuais e os estereotipos sociais.

Para máis información: www.seresentir.gal