Os 40 nenos e nenas do Lousame Concilia participan nunha gran festa de fin de curso con música, lambonadas e obradoiros - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

3 de setembro de 2018.- Os alumnos e alumnas do programa Lousame Concilia de Verán celebraron o pasado venres unha gran festa de fin de curso con música, lambonadas e obradoiros de maquillaxe. Unha festa que, como en anos anteriores, rematou cun chapuzón na piscina municipal.

Unha iniciativa lúdica coa que puxeron o punto e final a este programa de conciliación estival do Concello de Lousame, que contou coa participación de corenta nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, e que tivo lugar nas instalacións do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro durante as mañás dos meses de xullo e agosto. O programa Lousame Concilia de Verán está organizado pola Concellería de Igualdade de Lousame e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.