SESIÓN INFORMATIVA SOBRE CURSO DE FORMACIÓN EN MÁRKETING DIXITAL E COOPERATIVISMO - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

O luns 6 de febreiro no edificio Casino de Noia  terá lugar  a sesión informativa sobre o curso de formación en MÁRKETING DIXITAL E COOPERATIVISMO, unha acción formativa organizada pola Fundación PAIDEIA Galiza e DELOA en colaboración cos concellos de Lousame e Noia.

Si tes entre 16 e 29  anos e estás en situación de desemprego, aproveita esta oportunidade de formación; o contido do curso abrangue as seguintes materias: COOPERATIVISMO, FERRAMENTAS DE NEGOCIO, MÁRKETING DIXITAL (WEB, CREACIÓN DE CONTIDOS, ANUNCIOS, REDES SOCIAIS).

Outra información de interés:

  • 216 horas de formación grupal
  • posibilidade de ter unha semana de formación coñecendo empresas do sector noutra cidade española
  • non é preciso formación previa na materia
  • 3 únicas edicións en Galicia
  • formación de varios proxectos cooperativistas no sector do márketing dixital
  • Inscricións ata o 20 de febreiro
  • Formación do 28 de febreiro ao 9 de xuño

Anímate e participa !