O Concello Lousame saca a licitación o acondicionamento dun espazo público na aldea de Pousada por máis de 80.000 euros - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

O Concello de Lousame vén de sacar a licitación, por procedemento aberto e ordinario, as obras de acondicionamento dun espazo público na aldea de Pousada por un importe de 80.968 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de seis meses. As empresas interesadas teñen ata as 23:00 horas do vindeiro 3 de outubro para presentaren as súas ofertas.

As obras consisten no acondicionamento dun espazo público no lugar de Pousada mediante a pavimentación dunha superficie de 1.170 m2 no interior da aldea. O proxecto inclúe a instalación dunha canalización de 175 metros para a recollida de augas pluviais e da liña eléctrica existente, así como a construción dun muro de pedra granítica, de 20 metros de longo por 2 metros de alto, para a contención de terras.

Unha vez acondicionada a superficie do terreo, procederase á súa pavimentación con cinco centímetros de zahorra e doce de formigón, intercalando tres franxas de adoquín de granito. As obras serán financiadas con cargo a Plan Único de Concellos POS+2022 e complementarán ás realizadas a finais de 2018 polo Concello de Lousame, con fondos propios, para anchear o interior desta aldea, xa que había tramos tan estreitos que mesmo dificultaban o acceso dos vehículos de emerxencias.