O Concello de Lousame homenaxea a Arturo Vázquez Costa, veciño de Froxán que cumpriu 100 anos esta fin de semana - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

O Concello de Lousame vén de homenaxear a Arturo Vázquez Costa, veciño de Froxán, parroquia de Vilacoba, con motivo do seu cen aniversario. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, desprazáronse ata a súa vivenda para entregarlle unha placa conmemorativa e unha caixa de doces.

Alcaldesa e concelleira compartiron un tempo de encontro con Arturo e coa súa familia, que celebrou por todo o alto o aniversario este domingo cunha festa á que asistiron numerosos familiares. Arturo Vázquez atópase nun bo estado de saúde, tanto física como mental, polo que desfrutou moito da xornada.

Arturo Vázquez Costa naceu o 5 de xuño de 1922.  Traballou nas minas de San Finx, facendo os mangos das ferramentas que empregaban os mineiros. Despois foi o caseiro dun dos xefes das minas de San Finx, Don Luís. E tamén estivo un tempo como albanel. Actualmente vive en Froxán cos seus dous fillos, María e José. Ten dúas netas e tres bisnetos.