O Concello de Lousame inviste 25.000 euros na mellora da pista polideportiva de Vilacoba - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Todas as Novas
Novas

Novas

Comezouse co peche da instalación e a marcaxe da pista, a falta da dotación do material preciso para a práctica de fútbol, baloncesto e tenis

O Concello de Lousame está a investir 25.000 euros no acondicionamento da pista polideportiva existente en Vilacoba. Unhas obras que están sendo executadas pola empresa Pavimentos Noia, obras y contratas SL e que están financiadas polo Concello de Lousame, que conta cunha achega da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Nestes días procedeuse á reparación do pavimento nas zonas danadas, así como á limpeza da superficie de formigón mediante a aplicación de lanza de auga a presión. Así mesmo, a empresa adxudicataria procedeu a colocar 612 metros cadrados de peche de malla galvanizada de 4 metros de alto, incluídas portas de acceso e retirada do peche existente, que se atopa nun estado moi deficiente.

Tras a marcaxe e sinalización dos campos de balonmán, fútbol sala, baloncesto e tenis, todos eles seguindo as normas da Federación Española, nas próximas semanas procederase a colocar un xogo de 2 porterías regulamentarias de fútbol sala, os postes e a rede de tenis así como dúas canastras de aluminio.