Talleres de memoria 2017/2018 - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Servizos Sociais
Novas
Novas Servizos Sociais

Novas Servizos Sociais

Un ano máis o Concello de Lousame, continúa coa actividade Talleres de Memoria dirixida a tódalas persoas maiores de 60 anos. 

 

Baixo o lema ¡Activa - mente!, este Taller ten dous obxectivos principais:

-Mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores, exercitando a súa memoria para previr ou retardar a aparición do deterioro cognitivo.

-Promover a xuntanza de veciños e veciñas para recordar o que xa saben e seguir aprendendo cousas novas.

 

O Taller de Memoria arranca de novo cunha sesión semanal nos locais sociais de cada parroquia.

Nestas sesións lévanse a cabo actividades dirixidas a manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, as funcións executivas, o cálculo e a linguaxe.

Estas áreas trabállanse mediante dinámicas e exercicios adaptados ao nivel do grupo e tamén ao nivel de cada participante cando é necesario.

 

A INSCRICIÓN É GRATUÍTA E ESTÁ ABERTA DURANTE TODO O CURSO.

Para inscribirse ou pedir máis información poden contactar cos Servizos Sociais no teléfono 981.820494.

¡Dende o Concello anímase a tódalas persoas maiores de Lousame para que veñan participar nesta actividade coa finalidade de manter e mellorar a súa calidade de vida!

 

LOCAL SOCIAL PRESENTACIÓN HORA
VILACOBA

Martes

17 outubro

10:15

SANGUIÑAL

Martes

17 outubro

10:00

LESENDE

Martes

17 outubro

11:30

CAMBOÑO

Mércores

18 outubro

10:30

ESCABIA

Mércores

18 outubro

10:30

ALDEAGRANDE

Venres

20 outubro

10:00

CRUÍDO

Venres

20 outubro

10:00