O Concello de Lousame convoca a segunda edición de “Espazos de Familia”, un programa gratuíto para a formación de pais e nais con fillos e fillas entre 0 e 3 anos - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Servizos Sociais
Novas
Novas Servizos Sociais

Novas Servizos Sociais

As sesións terán lugar todos os martes, de 11:00 a 12:30 horas, no local social de Tállara a partir do 3 de outubro

O período de reserva de praza está aberto ata o vindeiro 3 de outubro nos Servizos Sociais de Lousame (981 820 494)

22 de setembro de 2017.- O Concello de Lousame convoca a segunda edición do programa “Espazos en Familia”, unha actividade socioeducativa dirixida tanto a familias con fillos e fillas de ata 3 anos como a futuros pais e nais. “Comezamos no último trimestre deste ano e foi todo un éxito, xa que se trata de crear un espazo para o encontro e a formación das familias en temas relacionados coa primeira infancia: o sono infantil, al linguaxe, a importancia do xogo... E aprendes moito simplemente intercambiando experiencias a carón doutras familias”, explica a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo.

As sesións de “Espazos en Familia” terán lugar todos os martes, en horario de 11:00 a 12:30 horas, no local social de Tállara. Un tempo no que se levarán a cabo actividades e xogos en grupo que, ademais de propiciarlles ferramentas e coñecementos aos adultos, tamén servirán de resposta ás necesidades dos menores. “Ao finalizar as sesións, cada familia disporá do seu tempo individual para levar a cabo unha titoría concertada cos profesionais que imparten a actividade”, apunta Silvia Agrafojo.

O período de reserva de praza estará aberto ata o vindeiro 2 de outubro. Aínda que o Concello de Lousame xa remitiu cartas ás familias que poderían estar interesadas en participar, se alguén precisa máis información pode dirixirse aos Servizos Sociais Municipais ou chamar ao teléfono 981 820 494. A sesión inicial terá lugar o 3 de outubro, ás 11:00 horas, no local social de Tállara.

O programa “Espazos en Familia” de Lousame será levado a cabo pola Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, creada en febreiro de 2013 por profesionais procedentes da Fundación Preescolar na Casa, unha experiencia pioneira e referente no desenvolvemento da parentalidade positiva nas familias galegas durante os 36 anos que estivo en marcha.