Concilia curso 2017/2018 - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Educación
Novas
Novas Educación

Novas Educación

O Concello de Lousame convoca o programa Lousame Concilia, para atención dos nenos/as antes das clases no CPI Cernadas de Castro

As solicitudes deberán presentarse nos Servizos Sociais do Concello do 18 ao 22 de setembro

O Concello de Lousame abrirá o próximo luns 18 de setembro o prazo de inscrición no programa “Lousame Concilia”, un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Cernadas de Castro entre as 7:45 horas e o inicio das clases (9:45 horas). Un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia.

O prazo de inscrición estará ata o próximo 22 de setembro no departamento de Servizos Sociais de Lousame, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Á hora de establecer o baremo para a admisión dos pequenos, o Concello de Lousame outorgará 3 puntos a todos os menores empadroados en Lousame cunha antigüidade mínima dun ano. Así mesmo, outorgaranse 2 puntos a aquelas solicitudes cos dous proxenitores empregados e 1 punto no casos nos que un dos proxenitores traballe. Tamén se outorgará 1 punto aos que non superen os ingresos establecidos para a situación socioeconómica familiar.

No caso de que houbera máis solicitudes que prazas, en caso de empate a admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición, é dicir, segundo o número de entrada da solicitude no Rexistro Municipal de Lousame. Os impresos poderán recollerse nos Servizos Sociais de Lousame ou descargarse directamente do Facebook do Concello. Canda a solicitude deberán presentar a última nómina ou recibo de autónomos, para así acreditar a súa situación laboral.

Así mesmo, o Concello de Lousame lembra que tamén existe a posibilidade de traer aos pequenos ao Lousame Concilia en datas concretas durante o curso escolar. Para iso é preciso chamar ao 609 828 853 para reservar a praza. Máis información nos Servizos Sociais de Lousame ou no 981 820 494.

Podes descargar o impreso de solicitude el PDF aquí.

Attachments:
Download this file (solicitudeinscricion.pdf)Solicitude