Concello de Lousame e Club Lousame Deporte organizan unha excursión ás termas de Prexigueiro, Ribadavia e San Cibrao de Las - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Deportes
Novas
Novas Deportes

Novas Deportes

29 de maio de 2018.- O Club Lousame Deporte, en colaboración co Concello de Lousame, organiza unha excursión a Ourense, que terá lugar o próximo sábado 9 de xuño. Unha viaxe dirixida especialmente a todas as persoas participantes nas actividades deportivas municipais do curso 2017/2018, que terán preferencia á hora de inscribirse e para as que o prazo de inscrición estará aberto dende mañá mércores 30 de maio ata o 4 de xuño.

Do 4 ao 6 de xuño abrirase un segundo prazo de inscrición para aquelas persoas que non participaron nas actividades deportivas pero que desexan participar na iniciativa. O prezo da excursión é de 20 euros e inclúe, viaxe, entrada ás Termas de Prexigueiro e visitas guiadas por Ribadavia e o castro de San Cibrao de Las. A saída está prevista ás 7:45 horas do sábado 9 de xuño da praza Teodomiro Hidalgo, para regresar ás 21:30 horas.

Máis información e inscricións no Departamento de Deportes do Concello de Lousame (primeira planta da Casa da Cultura “Santeiros de Chave”) ou ben chamando ao teléfono 981 825 780.

Attachments:
Download this file (excursion a ribadavia.pdf)Ver cartel