O Concello de Lousame lamenta a morte de José López Calo, "Pepito do maestro" - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Cultura
Novas
Novas Cultura

Novas Cultura

Hoxe é un día triste en #Lousame, pois deixounos un dos nosos veciños máis ilustres: "Pepito do maestro", como o coñecen os seus conveciños/as de Vilacoba, faleceu esta mañá aos 98 anos na residencia dos xesuítas en Salamanca, onde vivía dende hai un anos.

O pai José López Calo marchou como viviu: pasando de puntillas e sen querer molestar. Hoxe perdemos un dos musicólogos máis importantes de España e de Europa. Unha persoa que dedicou a súa vida á musica, a recompilar e poñer en valor a música medieval de Galicia, coa axuda da súa irmá Teresa. Chegando a ir de catedrál en catedral para salvagardar as nosa tradición musical para as xeracións vindeiras.

Pero hoxe vaise, sobre todo, un home bo, humilde, xeneroso... "He tratado de servir a Galicia todo lo que he podido", dicía hai 3 anos cando se lle entregou o título de socio de honra da Sociedade Artística Ferrolana. Unha persoa que pasou a súa infancia e xuventude na casa familiar de Vilacoba, e que nunca perdeu o contacto con Lousame.

Dende o Concello de Lousame queremos trasladar o noso máis fondo pesar á súa familia e amizades.

D.E.P.